Potenciando espazos culturais e creando experiencias inesquecibles

Quen somos

Paixón polo teatro

Quen somos

En Angarela cremos no teatro como unha moi útil ferramenta para transformar a sociedade. A través de proxectos de intervención social e educativa, empregamos o xogo dramático para abordar temas clave como a igualdade, a empatía, a convivencia pacífica e outros desafíos sociais

Logo

Proxectos

Os nosos proxectos convidan á reflexión e á acción, facendo que a comunidade educativa e social participe activamente na procura de solucións. A través de propostas innovadoras como Rachando co guión, Obxecto intermediario ou Actuando en con-vivencia creamos espazos de aprendizaxe e concienciación onde o público deixa de ser só espectador para converterse en protagonista do cambio.

O mellor lugar para os teus espectáculos

Obxectivo

O noso obxectivo é fomentar unha convivencia máis igualitaria e respectuosa, ofrecendo experiencias que inspiren transformacións reais na vida cotiá. Se queres coñecernos mellor, participar nos nosos proxectos ou colaborar dalgún xeito, non dubides en contactar connosco.

Skip to content